Cal é a diferenza entre…? | Paisaxes de montaña | Paisaxes de chaira | Paisaxes de costa |
---|---|---|---|
Cal é a diferenza entre as tres cores que representan o planeta?
Azul - auga (ríos e mares)
Verde - vexetación Marrón- rochas e continentes |
Como son as paisaxes de montaña?
Son terreos elevados e adoitan ter bastante vexetación.
|
Como son as paisaxes de chaira?
Son grandes extensións de terreo chan.
|
Como son as paisaxes de costa?
Son paisaxes onde a terra está en contacto co mar.
|
Cal é a diferenza entre elementos naturais e elementos artificiais?
Elementos naturais: están na natureza (auga, aire, ríos, montañas…)
Elementos artificiais: creados polas persoas (construcións, edificios, pontes…) |
Que é unha montaña? Cales son as súas tres partes?
Unha montaña é unha elevación do térreo. Ten tres partes: cima, ladeira e pé.
|
Cal é a diferenza entre unha paisaxe de montaña é unha de chaira?
O terreo. Nas de montaña é elevado e nas de chaira é chan.
|
Nomea dúas formas de relevo de costa.
cabo, golfo, baía, illa, arquipélago, península.
|
Cal é a diferenza entre costa alta e costa baixa?
Costa alta: é cando as montañas chegan ao mar e fórmanos e acantilados.
Costa baixa: é cando hai praias de area ou de cantos. |
Que é un val?
É un terreo chan e afundido situado entre montañas polos que case sempre pasa un río.
|
Cal é a diferencia entre meseta e depresión?
Meseta: terreo chan situado a bastante altura.
Depresión: terreo plano e afundido rodeado doutros máis elevados. |
Cal é a diferenza entre golfo e baía?
O tamaño
Golfo: entrada grande do mar na terra Baía: entradas máis pequenas. |
Cal é a diferenza entre serra e cordilleira?
Unha serra é un conxunto de montañas aliñadas.
Unha cordilleira é un conxunto de serras. |
Cal é a actividade que se practica nas montañas?
O turismo.
|
Que é un outeiro?
Elevación de pouca altura coa cima plana.
|
A que se dedicaban e a que se dedican na costa?
Antes dedicábanse á pesca, agora a maioría traballa na industria e nos servizos.
|
Cal é a diferenza entre cabo e golfo?
Cabo: saíntes de terra que entran no mar.
Golfo: grandes entradas do mar na terra. |
Como é a vida nas montañas? (Temperatura, construcións, estradas)
Fai frío e neva no inverno. As estradas son estreitas e con curvas e ás veces constrúense túneles entre montañas.
|
Como é a vida nas chairas? Diferenza entre aldeas e vilas e cidades.
Nas aldeas dedícanse á agricultura e nas vilas e cidades traballan no transporte, hospitais, comercios, oficinas, fábricas…
|
Como é a vida nas paisaxes de costa?
Viven en aldeas, vilas ou cidades. Como contan con moito turismo teñen moitas infraestructuras: estradas, vías de ferrocarril, aeroportos, hoteis…
|